V Asamblea Xeral Ordinaria da Casa de Galicia en Badajoz
Estimado socio/a e amigo/a:
Con motivo da celebración da V Asamblea Xeral Ordinaria, convócote para asistir á mesma e dada a trascendencia dos temas que se van tratar, rogo encarecidamente a túa presenza.
Día : 18 de maio de 2003, domingo.
Lugar: Salón de Actos Polideportivo «La Granadilla».
Hora: 11 horas en 1ª convocatoria e 11:30 horas en 2ª convocatoria.
Orde do Día:
- Lectura e aprobación se procede da Acta Anterior.
- Saúdo do Presidente.
- Informe situación económica.
- 2004 Año Xacobeo.
- Situación inquilinos.
- Excursión a Monfragüe.
- Peregrinación a Santiago.
- A Casa de Galicia nos medios.
- Rogos e preguntas.
Asdo. Luís Vilela Camiño.
Presidente
Día das letras Galegas
A Casa de Galicia en Badajoz ao igual que o pasado año celebraremos o 17 de maio o Día das Letras Galegas cunha conferencia sobre a figura do insigne poeta Antón Avilés de Taramancos.
Conferenciante: D. José Cid Conde.
Lugar: Salón de Actos del M.E.I.A.C.
C/ Virgen de Guadalupe ou C/Museo, 2.
Hora: 20’30.
DADO O INTERESE DA FIGURA ELIXIDA ESTE AÑO POLA REAL ACADEMIA DE LINGUA GALEGA, ASÍ COMO A DO CONFERENCIANTE.
Agradezo de antemán a túa asistencia.
Asdo. Luís Vilela Camiño.
Presidente
Convocatoria de cursos
-
Curso de Lingua Galega iniciación.
-
Curso de Cociña Galega Tradicional.
-
Curso de Iniciacion á Gaita.
- O prazo de inscrición quedará pechado definitivamente o próximo día 31 deste mes de xaneiro.
- Caso de non cubrir o número mínimo de prazas convocadas nalgún deles, suspenderase o dito curso convocándoo para outra data máis axeitada.
Excursión a Sierra de gata de «A Fala»
Día 15 de setembro: Excursión a Sierra de Gata, á zona de «A Fala»:
Nº de prazas: 55 (Mínimo 35-40)
Hora de saída: 7:30 h.
Hora de chegada: 22:00 h. aprox.
Lugar de saída: Casa de Galicia, Plza. de Portugal, 14
Prezo autobús + xantar: Adultos: 24 Euros / Nenos: 17 Euros
RESERVA: Chamar antes do día 9 de setembro á Casa de Galicia (924 262014)
En Cáceres pararemos 30 min. para almorzar.
Visitaremos: Coria, San Martín de Trevejo, Eljas, Valverde del Fresno e Trevejo.
¡ Non esperes, chama, quedan poucas prazas!
Festa de Nadal
Día 15 de Decembro na Sociedad Deportiva Hípica (Montitos) ás 21:30 h
Reserva: na Casa de Galicia ou por Tlf.: 924 262014, de 19:00 h. a 22:00 h. ata o 13 de decembro.
Prezo: socios 4000 ptas; non socios: 5000 ptas.
Menú:
Mexilóns ao vapor, berberechos ao vapor, bígaros,
polbo; langostinos 7, gambas 8, un tercio de boi de mar, por persoa, empanadas variadas, lacón.
Bebidas: Ribeiro branco e tinto; cervexa, refrescos
Sobremesa: Tarta de Santiago
Café e cava
Gran queimada (Mestre Queimador: Don Domingo López Paradiñeiro)
Baile fin de festa
Actividades deportivas -Fútbol Sala
A Casa de Galicia patrocina un equipo de fútbol fala, na Categoría Junior (15, 16 e 17 anos) na liga da Fundación Municipal de Deportes, oportunamente informámoslle da marcha do mesmo.
Outubro:
13/10/01: Café Bar Candi Junior – Casa Galicia ……… ……Pista F.S. Granadilla «A»
13/10/01: Casa Galicia – Tapicería Hermanos Salgado ……Pista F.S. Granadilla «A»
20/10/01: Lider Spor Junior – Casa Galicia – …………………Pista F.S. Granadilla «A»
27/10/01: Casa Galicia – Pub Trián